Xénero: fados
Público: todos os públicos
Sinopse: a portuguesa Lina presenta “Fado Camões”o seu último traballo discográfico inspirado na poesía de Camões: "Fado Camões”, cun grande recoñocemento internacional: Best European Record 2023/24 e 3 no TOP 100 Álbums da
Transglobal World Music Chart.
LINA, neste traballo, atópase acompañada do produtor e músico británico Justin Adams, nun disco acaba por ser moi persoal, tendo como base a lírica de Camões, con fados tradicionais e tamén algúns da autoría da propia cantante.
No estudio, á guitarra de Pedro Viana, mestre da guitarra portuguesa que mantén a conexión ao universo do fado, xúntase o piano, teclados earranxos excepcionais de John Baggott, músico e compositor que xa traballou con Massive Attack e Portishead. No piano acústico e sintetizadores, lanina Khmelik, cuxo talento garantiulle lugar no contemporáneo Remix
Ensemble da Casa da Música coa Orquestra Sinfónica do Porto.
Cabe destacar tamén a participación especial do "axitador folclórico" Rodrigo Cuevas no tema "O que temo e o que desexo”
Celebremos Camões. celebremos o Fado, celebremos este álbum, Fado Camões, guiados pola voz de LINA_